Os avances tecnolóxicos e dos procesos produtivos, así como os cambios sociais e organizativos (impulso de Internet, as redes sociais e as tecnoloxías de información e comunicación -TIC- en xeral, a nanotecnoloxía, o emprego de dispositivos electrónicos móbiles) están cambiando os procedementos, tarefas e tempos de traballo habituais nos lugares de traballo, sendo unha realidade que se vai incorporando a todos os sectores de actividade económica e que propician a aparición e impulso de ocupacións e tarefas novas e emerxentes que se adapten á realidade do mercado e que poidan satisfacer a súa demanda, repercutindo na seguridade e saúde laboral. Aínda que se reduciron ou eliminaron riscos máis tradicionais, por exemplo, a través da automatización industrial, os cambios que se están a producir en moitas das ferramentas de traballo que usan gran parte do persoal das empresas son frenéticos e permiten pouco tempo para unha aprendizaxe axeitada no seu uso e polo tanto dos riscos laborais que levan asociados.
Conscientes da importancia de coñecer estes factores para a adecuada xestión dos riscos laborais asociados á nova realidade laboral e empresarial, presentase esta ferramenta “Novas ocupacións e tarefas emerxentes: guía de medidas preventivas a adoptar”, contribuíndo con elo a difusión dunha cultura preventiva, ao desenvolvemento de actividades que propicien instrumentos e ferramentas de utilidade para as empresas no ámbito da Seguridade e Saúde Laboral e mantendo o carácter innovador habitual nas propostas da Confederación.
Cliente: Confederación de Empresarios de Pontevedra
