A presente guía é unha ferramenta didáctica que ten como obxectivo mellorar o coñecemento dos riscos costeiros nas rexións do Espazo Atlántico europeo e, en especial, da costa galega. Este documento forma parte do proxecto ANCORIM (Atlantic Network for Coastal Risk Management), que se pode consultar en http://ancorim.aquitaine.fr. O proxecto ANCORIM está financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e ten como obxectivo axudar a previr e xestionar os riscos costeiros que afectan á costa atlántica europea. O obxectivo deste documento é sensibilizar e alertar acerca dos riscos costeiros. Vai dirixido ás autoridades responsables da xestión costeira e ao seu persoal técnico, así como ás persoas profesionais do mar e resto de axentes interesados. Trátase de promover unha nova cultura de territorio e concienciar sobre a necesidade dunha adecuada xestión dos riscos costeiros.
Cliente: Deputación de A Coruña

Guía local riesgos costeros IDEARA