Realizando para a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa o estudo de inserción laboral
A inserción laboral e o desemprego son dúas das principais cuestións que se observan con preocupación dende as distintas esferas gobernamentais, a capacidade de xerar emprego é un dos factores que determinan a estabilidade económica e social dunha sociedade como a nosa.
Para o acceso ao emprego, o sistema de formación profesional engloba un conxunto de ensinanzas ou accións formativas que capacitan para o desempeño cualificado das diversas profesións. Inclúe as ensinanzas propias da formación profesional inicial ou regrada, as accións de inserción e reinserción laboral das persoas desempregadas (formación profesional ocupacional) e as accións encamiñadas á adquisición e actualización permanente das competencias profesionais das persoas traballadoras (formación profesional continua).